domingo, 8 de julio de 2012

Tocou a nube ca punta dos seus dedos...

Estaba sentado nun penedo cavilando nas súas cousas cando a sobra deste lle indicou que xa non eran horas de estar só. De camiño a casa viu algo extraño movéndose entre os fentos.
"Que será?"
Sempre fora un rapaz inquieto e con ganas de saber, un "formighillo" chamaríanlle na miña familia. Non o tivo  que pensar nin medio segundo, nin quixo pensalo. Adentrouse entre o verde e chegou o momento no que lle perdín a pista. Contoume que aínda que tivo que correr un pouco ó final conseguiuno. Logo de tropezar ca raíz dun carballo e rematar co seu pequeno corpo no chan levantou a mirada. Abriu máis os seus ollos, non o podía crer aquela criatura estaba ante el. Con longas patas, pelo branco e un corno na súa fronte estaba claro, aquilo era un unicornio. O animal asustouse e correu, correu ata alcanzar un brillo de luz que salía de entre a maleza. Era o arco da vella, marchou trotando entre as cores do espectro visible.

Logo espertou.

(Si, sempre quixen incluír un unicornio e un arco da vella nalgunha das miñas cousas. Pode que o sentido común sexa o menos común dos sentidos.)

No hay comentarios:

Publicar un comentario