jueves, 30 de agosto de 2012

Cara o mar

E se voláramos tan alto que nin a águia máis rápida nos puidera alcanzar. Se poidéramos rozar o perfil da Terra ca punta da nariz e baixar. Precipitarnos. Tumbarnos suavemente sobre o colchón do mar. E aí vivir, lonxe da humanidade. A solas. Sen bandeiras, sen fronteiras. Simplemente estar. Acaso hai maior satisfacción que a tranquilidade?
Saber que nada sucederá, que nada cambiará. Estaremos mecéndonos infinitamente entre as ondas e tan só alí seremos libre por fin. Libres de ataduras e de responsabilidades. Libres de soberbias miradas e sonrrisos finxidas.
Só ti e eu.

15-03-2012 Nun bus urbano de Santiago de Compostela

lunes, 20 de agosto de 2012

Chuvia



Levaba tempo sen sen verte, tanto que incluso cheguei a pensar que non querías saber nada de min. Sei que o ano que ven non nos vamos a ver tanto como nos últimos vinte e por iso agradecín a túa inesperada visita. Pode que non fora o día axeitado nin o mes oportuno e que todos viran con recelo a túa aparición pero para min foi unha agradable sorpresa. Sen dúbida das mellores deste estío.

Vinte vir de lonxe e cando cando rozaches a miña meixela sen avisar estremecín por dentro. Que sensación! Xa ía tempo que non me sentía así... Todos se agobiaron e enlouqueceron en canto nos viron xuntos, mirábanche con aires de superioridade e non querían saber de ti. Non entendían a felicidade que me provocaba terche ó redor, xunto a min, ó redor do meu corpo...

P.D: que saibas que tamén votarei de menos o xeito que tes de convertir as cidades, os nosos paseos pola cidade vella de Santiago e os segredos que escondes alá arriba, dende onde ves.

jueves, 2 de agosto de 2012

Louro

A auga que se fai un oco entre as pedras,
as herbas que, sen querelo, crecen nelas.
Os pes descalzos daquel rapaz de ollos verdes,
unha flor entre as nubes, as veces perdes.
Un solpor na ría de Muros,
unha charca entre os teus dedos
a esperanza dun amor
o brillo dos teus cabelos.
Que sorriso tan inesperado!
dixen logo de toparte
Que bico tan desexado!
pensei logo de sentirte.
Pode que o mar chegue a todos os lados
pero os finais máis felices son os máis inesperados.

31-7-2012